Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 50
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 20
 
Observacións avaliación

-
Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na
aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

- O
alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías
presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha
proba obxectiva na primeira ou segunda oportunidade que terá un peso do 100% da
avaliación.

- Nos traballos a realizar o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
Internet ou intelixencia artificial, sen indicación expresa da súa procedencia
e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección
lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.

- A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vezcomprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoriaen que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto,procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade,se fose necesario.


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se nonse cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”.

3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”