Unha boa parte da bibliografía proporciónase en distintas materias do Máster, sobre todo nas materias específicas do itinerario. O alumnado terá que recuperar estas fontes e facer procuras específicas. A dirección do TFM tamén pode proporcionar a bibliografía que considere de interese. En moodle recompílanse recursos de carácter xeral para a elaboración de traballos académicos: guías para mellorar a redacción en galego, guías para a utilización dunha linguaxe inclusiva, normas APA 7ª edición etc. No documento marco para a elaboración do TFM, TFM-MS 2023-24.pdf (udc.es) , preséntase información máis pormenorizada sobre as modalidades, sobre a escolla da dirección e temática , sobre o sistema de avaliación e sobre o procedimento e as datas para a presentación e defensa do TFM. |