Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Formación profesional e mercado laboral | Código | 652606611 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A18 A34 C6 | O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral | 40 |
Proba de ensaio | A16 A17 A18 A29 C4 C7 | O alumnado desenvolverá un ensaio sobre os contidos teóricos abordados na materia. NON SE PODERÁ UTILIZAR MATERIAL PARA DESENVOLVER A PROBA. | 60 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA
A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con dispensa académica asistirá as aulas que se indiquen (30% do total). O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado da puntuación obtida nas dúas actividades de avaliación (estudo de casos e proba de ensaio). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación en cada unha delas. Se non se realiza algunha das dúas actividades a cualificación será de NP. Na segunda oportunidade recuperanse as partes non superadas na primeira oportunidade. Na convocatoria adiantada aplícanse os mesmos criterios e actividades da primeira oportunidade. ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. 3. Os requisitos para superar a materia son os mesmos que para o resto do alumnado: obter a metade da cualificación asignada a cada unha das dúas actividades que computan na cualificación. Na segunda oportunidade, recuperanse as partes non superadas na primeira. O plaxio e o fraude nalgunha das actividades implica un suspenso, tal é como se prescribe artigo 14. 4 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.” |