Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A24 A28 A33 C1 C3 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Aprendizaxe colaborativa A19 A24 A28 A33 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación” que incluirá as actividades demandadas e traballadas na aula. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 70
Presentación oral A28 A33 C1 C3 C5 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
 
Observacións avaliación

Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada e deberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica deberápoñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto nonfora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividadespropostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberárealizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado.

A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non sepresentase.

  • No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
  • No segundo caso (alumnado non presentado na primeira oportunidade) realizará todas as actividades de avaliación continua.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”
“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude
académica”
 rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.