Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas á Formación Profesional, ás materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas. Un dos obxectivos é o coñecemento e utilizacion de fontes para a consulta de experiencias e propostas innovadoras.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.

Presentación oral As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e as persoas do grupo deberán de expor a experiencia analizada por outra compañeira/o.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC permiten o desenvolvemento de competencias dixitais docentes en dúas áreas da súa elección. En función do alcance da actividade pode realizarse individualmente, en parellas ou en grupo de catro persoas.
Portafolios do alumno As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte elaborada grupalmente sobre o concepto de innovación educativa.
Sesión maxistral Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acótanse conceptos relacionados coa innovación educativa.