Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Proba mixta A7 C1 C3 C4 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
Simulación A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliadossegundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesiónsinteractivas, do 80%.

Portafolios do alumno/a (grupal):

Constará de tres partes:

1) Na que se recollerá a actividaderealizada no grupo interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fasesde desenrolo de este), así como unha reflexión grupal das competenciasadquiridas atendendo tamén ao seu desenvolvemento ao escenificalo na aula.

2) A avaliación que fan do seu propiotraballo (unha nota numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáiscompañeiros/as na aula (unha nota numérica que deberán argumentar).

3) A avaliación da asignatura incidindo sobretodo nos aspectos de mellora.

IMPORTANTE: Será necesario obter alomenoso 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura

Na simulación deberánparticipar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL(DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensade asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidadede avaliación continua ou optar por asistir ao exame final realizando unhaproba similar á do alumnado non asistente.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se nonse cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de nonpresentado na materia.

3. A cualificación será a mediaponderada das notas das actividades e traballosrealizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendariooficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

ALUMNADO NON ASISTENTE

Neste caso a avaliación consistirá nunhaproba de carácter mixto:

- Un exame tipo test que teráun peso na avaliación final do 40%

- Unha parte de preguntas deresposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cadaunha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios deavaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario tenasumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e examesrealizados como condición imprescindible para superar a materia.

Considerarasecomo “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para ocurso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Nonpresentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nascondicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba doperíodo oficial de avaliación.

Ante a detección de conductasindebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC seestablece a:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa afalta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudanteserá cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoriacorrespondente do curso académico, tanto se a comisión da falta seproduce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase amodificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fosenecesario.

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.”

Na
oportunidade adiantada, a evaluación rexirase polo modelo de evaluación
correspondiente ó curso precedente.