Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos realizarase telematicamente, na plataforma correspondente. Se non é posible, non deben empregarse plásticos e cómpre elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Na materia incorporarase a perspectiva de xénero e traballarase para fomentar e, no seu caso, modificar prexuizos e actitudes sexistas.

Citación xusta e linguaxe inclusiva:

Empregarase unha linguaxe non sexista. A UDC propón recursos de utilidade no seguinte enlace https://www.udc.es/es/oficinaigualdade/Ligazons-e-Recursos-de-Interese/linguaxe_non_sexista/

Co obxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a  citación xusta, para a que se poden consultar:  https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar

Integridade académica:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición. O plaxio será motivo de suspenso. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC, que pode consultarse en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Máis información en http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual