Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo.
Lecturas Proporcionaránselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Portafolios do alumno Memoria e reflexión sobre as lecturas e obradoiros realizados na aula e o desenvolvemento do proceso do traballo tutelado. Teranse en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto desde o punto de vista expresivo.
Presentación oral Realización dunha exposición oral apoiada en medios materiais, audiovisuais e TIC sobre o traballo tutelado.
Obradoiro Coa finalidade de afondar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a estableza.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con éxito a materia, na medida en que dá índice da súa madurez científica.