Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A17 A20 A21 A25 A19 C4 C6 C8 Realización dun traballo tutelado de carácter grupal. 60
Portafolios do alumno A19 C1 C3 C4 C5 C7 Memoria e reflexión de carácter individual sobre as actividades prácticas realizadas na materia e o proceso de elaboración do traballo tutelado. 30
Presentación oral A22 A23 C1 C3 Presentación oral grupal do traballo tutelado. 10
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.

O sistema de avaliación (en ambas as dúas oportunidades) será o
mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota númerica 0) na convocatoria en que se cometa.

Todos os aspectos
relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente
da UDC
.
   

Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.


Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.