Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proba de reflexión individual 30
Presentación oral C1 C3 Exposición do traballo tutelado e debate co grupo-aula. 10
Traballos tutelados A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun proxecto educativo en grupo 60
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:

  • Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
  • A presentación oral do traballo (10% da cualificación). 
  • Unha proba de ensaio individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.



Para esta modalidade de avaliación é requisito
imprescindíbel a asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do
80% sobre o conxunto das sesións. Ademais, será necesario
realizar todas as actividades propostas ao longo do curso.

2. Para as persoas que non
cumpran as condicións anteriores e non conten con dispensa académica:

  • Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade anterior. 

Para superar esta proba é necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. De non se superar, debe repetirse na oportunidade de xullo, baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Observacións

Na oportunidade de avaliación adiantada aplicaranse os mesmos criterios que nas oportunidades anteriores. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.