Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

<p> Os envíos dos traballos serán telematicamente e se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores</p>

En canto a normativa de igualidade e xénero:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc.)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Citación xusta e linguaxe inclusiva:

Empregarase unha linguaxe non sexista. A UDC propón recursos de utilidade no seguinte enlace https://www.udc.es/es/oficinaigualdade/Ligazons-e-Recursos-de-Interese/linguaxe_non_sexista/

Co obxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a  citación xusta, para a que se poden consultar  https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar

Integridade académica:

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición. O plaxio será motivo de suspenso. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC que pode consultarse en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Máis información en http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual