Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A3 A16 A18 C2 C3 Valoraranse tanto os contidos espostos como o desenvolvemento da propia presentación (organización, coherencia, dotes expositivas, dominio da lingua inglesa e linguaxe corporal, entre outros aspectos). 50
Proba de ensaio C2 C6 Terase en conta tanto o desenvolvemento como a organización e estructura do tema e a calidade da lingua inglesa empregada. 20
Discusión dirixida A1 A2 A4 A5 Valorarase o compromiso continuo de cada estudante coa discusión dos temas propostos por os/as profesores/as e das presentacións do resto do alumnado. 30
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula (ou de forma telemática) será valorada polo profesorado no apartado de Discusión Dirixida. 

-Na oportunidade de xullo (e nas seguintes) realizarase a proba de ensaio (20%), unha equivalencia á presentación oral (20%), e entregaranse as actividades  equivalentes á discusión dirixida (50%) (que determinará o profesorado: un traballo escrito de maior extensión, unha presentación en formato pdf ou Power Point, etc., que deberán ser entregados ao profesor na data oficial do exame). O alumnado nesta situación deberá contactar co profesorado ao inicio do curso.

- Na oportunidade adiantada, os cirterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que os empregados para a oportunidade de xullo.

-O alumnado que non faga a súa presentación de clase acadará a cualificación de NP

-O alumnado con diversidade funcional poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

-O alumnado que se sinta nunha situación de vulnerabilidade (incluíndo acoso ou abuso por cuestións de xénero, sexualidade, etnicidade ou clase social, entre outras) debe poñerse en contacto co profesorado da materia, ou directamente coa Oficina para a Igualdade de Sexo, no enderezo directora.oix@udc.gal

 “Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”