Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Foro virtual A24 C2 C4 C7 Discusión na que os e as estudantes tratan sobre un tema ou problema relacionado coa asignatura. Desenvólvese a través dun entorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona. 10
Presentación oral A27 C2 Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). 30
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo.
30
Resumo A24 A27 C2 C4 C6 Síntese dos temas tratados na aula en forma de entradas dun diario de aula. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais.

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada un deles. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente:

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Foro virtual: 10%

- Resumo (diario): 30%

A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora na primeira semana das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems, que fará de forma individual e entregará nas datas establecidas pola docente: 

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Foro virtual: 10%

- Resumo (diario): 30%

A cualificación será a media ponderada das notas das tarefas e traballos realizados, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. 

En todas as modalidades de avaliación, tanto a oportunidade de xullo como a oportunidade adiantada estarán sometida aos mesmos criterios e instrumentos.

Importante: Todos os aspectos relacionados con DISPENSA ACADÉMICA, DEDICACIÓN AO ESTUDO, PERMANENCIA e FRAUDE ACADÉMICA rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC