Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Lecturas O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora.Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora. En torno aos diferentes temas proporase a realizaciónde traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Así mesmo, poderá requerirse da realización dalgún traballo tutelado de carácter individual. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. A través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Proba obxectiva A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.