Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta.
As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles.
Superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
50
Aprendizaxe servizo A1 A13 A21 B1 B3 B5 B6 B11 B22 B24 C4 C6 O traballo de aprendizaxe servizo forma parte dunha acción educativa interdisciplinar na que participan outras materias do primeiro e do segundo cuadrimestre, así coma a ONG Entreculturas. No que respecta a esta materia, o alumnado deseñará unha proposta didáctica e un recurso didáctico transformador baixo o enfoque da Educación para a Cidadanía Global. Ambos deben estár contextualizados nunha aula de educación infantil que o propio alumnado deberá contactar, e na que durante o segundo cuadrimestre se realizará o servizo.
50
 
Observacións avaliación

1.
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10
en cada unha das partes obxecto de avaliación (“traballos tutelados” e
"proba obxectiva"). A docente, podería rebaixar este criterio en
favor da aplicación dunha avaliación normativa e de forma independiente para
cada unha das partes da avaliación.

2.
A non superación dunha das partes da avaliación implicará ser cualificado/a coa
cualificación obtida na parte non superada, mantendo a cualificación obtida na
parte superada para a segunda oportunidade de avaliación.

3.
O alumnado que asista, cando menos ao 85% da docencia presencial, será avaliado
seguindo o procedemento arriba exposto.

4.
O alumnado que por motivos comunicados á profesora aoinicio do curso non poda
acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas teña unha asistencia
inferior ao 85%. ademais dos traballos que en cada caso particular se
especifiquen, realizará un examen con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Este examen terá un valor do 80% do
total da nota final.

5.
O criterio anterior é aplicable ao alumnado repetidor que non cumpla co 85% de
asistencia.

6.
Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por
parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e
axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en
cada caso.

7.
Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos
para a 1ª oportunidade.

8.
O alumnado repetidor que teña esgotadas un mínimo de dúas convocatorias de
avaliación poderá solicitar á docente unha modalidade de exame diferente á do
grupo ordinario. A docente valorará persoalmente cada situación e, de acordar
realizar un exame diferente ao do resto do grupo, este acordo deberá ser
asinado tanto pola docente como polo alumno ou alumna afectado/a, para que a
proba poida ser realizada e avaliada.

9.
Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade
académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de
terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non
discriminatoria.

10.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC