Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos, en concreto nos dominios psicomotriz, cognitivo, lingüístico, social e afectivo-emocional.
Esta materia é “English Friendly”:
1. É impartida nunha lingua inicial (Galego ou Castelán)
2. Facilitaranse materiais de aprendizaxe en inglés ao alumnado internacional.
3. As titorías poderanse desenvolver en inglés.
4. O exame e presentación de traballos poderanse realizar en inglés.
5. O alumnado internacional terá a oportunidade de facer presentacións na aula en inglés.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías