| Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
|
| Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas |
| Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora (de forma presencial ou virtualmente). Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información relativa ao desenvolvemento na etapa de 0 a 6 anos e a integre na súa estrutura de coñecementos. |