Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B17 C1 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
Proba de ensaio B1 Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. 30
Aprendizaxe colaborativa A29 Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. 10
Lecturas B3 Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. 20
Traballos tutelados C4 C6 Trátase de facer un traballo vencellado de forma directa cos contidos teóricos da materia. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será continua e formativa. Será posible a realización de probas ao longo do semestre. Estas probas poderán realizarse sen previo aviso, e, no caso da superación das mesmas, eliminarán parte do contido da proba de ensaio.

A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. O alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de ser asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios distintos ó alumnado asistente.

Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio.

O alumnado non presencial debidamente xustificado deberán realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo tutelado de carácter individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio. 

Aquel alumnado que, por causas sobrevidas, non poda manter a condición de presencialidade, será tratado segundo a normativa da Universidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante  será calificado de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidad como na segunda. Para isto procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.