Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 Carpeta de actividades e/ou prácticas da materia que o alumnado deberá entregar para a súa avaliación. 40
Proba de resposta múltiple A1 B1 B11 Proba obxectiva con varias opcións ou alternativas de resposta e só unha delas é válida. 60
 
Observacións avaliación
1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE


Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.

Modalidade A.
Avaliación Continua.
Avaliación Continua. Nesta modalidad levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e/ou
prácticas realizadas en grupo co seguimento periódico das mismas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre (no caso contrario deberase optar pola modalidad B), sendo
imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso contrario contabilizarase
como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:
a/ Presentación por escrito do portafolio grupal, que suporán un máximo dun 40% da cualificación
b/ Proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada. 
Modalidade B . Avaliación Final.
Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, a avaliación virá determinada por:
a/ a presentación por escrito do portafolio individual, que suporán un máximo dun 40% da cualificación
b/ a proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación.

1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE
- Na Modalidade A e B. . Terase que repetir a parte obxecto de avaliación en que non se acadou o 50% do
seu peso na cualificación.



Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.