Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B5 B25 C1 C3 Valorarase a claridade, a capacidade de síntese e selección dos contidos máis relevantes, a habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. Tamén se valorará o uso axeitado das TICs 10
Traballos tutelados A33 A34 A39 A41 B1 B2 B5 B9 C3 C6 C7 Valorarase o grado de consecución dos obxectivos cumprindo as directrices docentes, o rigor, a argumentación, a profundidade da análise das situacións propostas, e a claridade da exposición. Realizaranse en grupo e expoñerase na aula nas últimas semanas do curso. 30
Prácticas de laboratorio A33 A34 A39 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C4 C6 C7 Valorarase a solidez da argumentación, a claridade e precisión das respostas, a capacidade de comunicación, a solidez teórica das propostas e a actitude 20
Proba mixta A33 A34 A35 A36 A39 B2 B10 Proba escrita presencial. Valoraranse as respostas concretas e precisas, o grao de corrección segundo o pedido en cada pregunta, e a claridade na exposición. Engloba contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 40
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:

Opción A.

Alumnado que asiste e participa no 80% das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

(1) Prácticas de laboratorio: 20%;

(2) Proba mixta: 40%;

(3) Traballo tutelado (30%) + Presentación oral (10%): 40%

Na parte (3), considéranse conxuntamente as metodoloxías indicadas, coas porcentaxes sobre a cualificación global indicadas entre paréntese, que suman un 40% en total para esta parte.

Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso de ecursos TIC con exposición oral.

Cada apartado será cualificado nunha escala de 0 a 10. As prácticas de laboratorio avaliadas ás que non se asista serán cualificadas con 0 no cómputo da media deste apartado. Para superar a materia cómpre acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados anteriores. Nese caso, a cualificación total final será a media ponderada destes tres apartados segundo as porcentaxes antes indicadas.

En caso de non superar algún dos apartados, a cualificación final será a de suspenso, coa nota correspondente á media ponderada dos apartados non superados. Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, sendo a nota numérica a media ponderada dos non superados se hai máis de un, en caso contrario.

Opción B.

Alumnado que non asiste ou non participa no 80% das sesións interactivas: Neste caso a avaliación non será como no caso anterior, senón que a proba mixta constituirá o 100% da cualificación final. Non obstante, este alumnado pode optar, se o prefire, por se integrar nalgún grupo de traballo, formado indiferentemente por alumnado asistente ou non asistente, e realizar o traballo tutelado. Neste caso, a cualificación do traballo tutelado constituiría o 20% da nota final e a proba mixta final o 80%, sempre e cando ambas partes teñan unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. En caso contrario, a nota final será a correspondente á parte suspensa.

Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente á media ponderada dos apartados non superados en caso contrario.

Con carácter xeral para todo o alumnado: Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique. As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Con carácter xeral, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia concedida oficialmente pola UDC será avaliado a través da opción B.

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero. Tamén se traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír no medio para modificalas e promover valores de respecto e igualdade. Abordaranse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas se se produciren.