Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A51 B7 B10 B11 B17 B19 B24 C1 C3 C6 C8 As tarefas que se realicen no marco das sesións interactivas valerán, como máximo, 1 punto. 10
Traballos tutelados A42 A43 A44 A46 A47 A50 B6 B10 B11 B12 B15 B19 B25 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Esta actividade valerá, como máximo, 3 puntos. Non poderá superar a materia quen ficar por debaixo de 1,5.

Para levar a cabo o traballo tutelado, o alumnado organizarase, por defecto, en grupos de dimensións reducidas (tres ou catro membros, non máis). En circunstancias excepcionais, con todo, ofrecerase a posibilidade de traballar en solitario.
30
Proba de ensaio A42 A46 A47 B11 B12 B17 B19 Esta actividade valerá, como máximo, 6 puntos. Non poderá superar a materia quen ficar por debaixo de 3.
60
 
Observacións avaliación
1. As cuestións vinculadas coa dispénsa de asistencia, a dedicación ao estudo, a permanencia e a fraude académica trataranse de acordo co disposto na normativa académica vixente.

2. Para seren avaliados/as pola súa participación nos obradoiros, os/as estudantes deberán asistir, polo menos, a un 80 % das sesións interactivas. Para os/as que non alcanzaren ese mínimo, o peso da proba de ensaio na cualificación final subirá 10 puntos porcentuais.

3. Os/as estudantes que se presenten na 2.ª oportunidade non perderán a puntuación que obtivesen por medio da participación nas sesións interactivas.