Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus/súas compañeiros/as. 40
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. 50
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc. nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requiridas, tanto de forma grupal como individual. 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (maio/xuño)

Alumnado que acude ao 80%das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuencia dosresultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación activa do alumnado nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas, tanto de forma grupal como individual, requiridas polos docentes. Supón un 10% da cualificación final
  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos/as). Os traballos serán entregados a través do campus virtual, as características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. Presentaranse e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico. A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 40 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.

Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só refírese ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluídas as probas de avaliación continua que serealicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarándocumentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesiónsinteractivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos tutelado.

Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesións interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

Se o alumnado aproba as sesións interactivas e/ou os traballos tutelados e/ou proba escrita, estas cualificacións gardaranse para a segunda oportunidade.

Alumnado que NON acude ao 80% das sesións interactivas:

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD),  de forma grupal (formarán grupos entre o alumnado non asistente). Os traballos serán entregados a través do campus virtual, as características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. Presentaranse virtualmente e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 20 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas ( seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 80 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo)

A avaliación farase do mesmo xeito que na oportunidadede maio/xuño, téndose que recuperar unicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesións interactivas- sempre que as teña suspensas, pero alcanzase o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual).

Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final será en base á media ponderadadas cualificacións obtidas nas tarefas, traballos tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

Se o alumnado aproba as sesións interactivas e/ou os traballos tutelados, estas cualificacións gardaranse durante un curso académico. A cualificación da proba escrita non se garda para o seguinte curso académido.

Oportunidade adiantada

Rexerase polo modelo de avaliación que o alumnado tivera no curso anterior (alumnado que acudiu ao 80% das sesións interactivas ou alumnado que non acudiu ao 80% das sesións interactivas .

Se no curso anterior o alumnado ten realizadas e aprobadas as tarefas das sesións interactivas e/ou traballos tutelados, nesta convocatoria só terá que realizar a proba escrita.

NOTAS XERAIS:

  • É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.