Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B10 B11 B12 B19 C1 C4 Proba consistente en preguntas de certa amplitude sobre os coñecementos adquiridos na materia. 40
Traballos tutelados A4 A6 A13 A28 A29 A37 A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A57 A63 B3 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo supervisado polo profesorado. 60
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de
catro persoas) e asistan regularmente ás aulas:


  • Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación).
    Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder
    realizar a media coa outra proba.

  • Unha proba de ensaio individual (40% da
    cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10
    para poder realizar a media coa outra proba.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Para esta modalidade de avaliación é requisito imprescindíbel a
asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do 80% sobre o conxunto
das sesións, incluídas as saídas de campo e os eventos científicos e
divulgativos. Ademais, será necesario realizar todas as actividades propostas
ao longo do curso, tanto para levar a cabo en grupo como individualmente. 

Ao longo do curso poderase propor algunha actividade opcional, que
suporá un pequeno incremento na nota final.

2. Para as persoas que non cumpran as condicións anteriores e non conten con dispensa académica:


  • Unha proba mixta individual (100% da
    cualificación). 

Para superar esta proba é necesario obter unha cualificación
mínima de 5 puntos sobre 10. De non se superar, debe repetirse na oportunidade
de xullo, baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Observacións

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.