Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Analizar e interpretar o concepto de educación e os diferentes elementos que interveñen no desenvolvemento de todo proceso educativo. | A7 A8 A64 |
||
Comprender e valorar criticamente as dimensións, natureza, funcións e axentes da acción socioeducativa, reflexionando en torno ás súas posibilidades, límites, diversidade e multidimensionalidade. | A8 A9 |
||
Descubrir as finalidades educativas no mundo actual e analizar a función dos axentes educativos na práctica docente, tendo en conta os procesos de interacción e comunicación na aula e as condicións institucionais e normativas que a enmarcan. | A9 A68 |
||
Construír unha comprensión e unha perspectiva práctica, crítica e responsable respecto das diferentes tendencias e institucións educativas contemporáneas e dos procesos de ensino e aprendizaxe, poñendo en relación a teoría coas diferentes prácticas pedagóxicas analizadas. | A22 A64 |
B19 B21 B22 B24 B25 |
|
Reflexionar sobre as actuais políticas educativas e marcos lexislativos vixentes dende unha perspectiva estatal e internacional, determinando o valor, implicacións e consecuencias que delas se desprenden no contexto dun mundo globalizado. | A9 A10 |
C7 |
|
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actualidade educativa | A10 |
||
Fomentar o pensamento crítico e a capacidade de reflexión sobre as prácticas educativas actuais a partir do estudo de múltiples experiencias de innovación socioeducativa, discernindo as luces e sombras de diferentes teorías e ámbitos da educación na actualidade e identificando as súas orixes e fundamentos pedagóxicos. | A10 A17 A64 |
B15 B23 |
|
Distinguir e comprender diferentes tendencias pedagóxicas baseadas na aprendizaxe dialóxica e relacional, promovendo accións de educación en valores e coñecendo as principais correntes do pensamento contemporáneo de influencia educativa, así como a súa repercusión na etapa de Educación Primaria. | A1 A2 A8 A14 A17 A64 |
C1 C3 |
|
Entender a complexidade social dos procesos educativos como oportunidade para o desenvolvemento dunha cultura promotora de actitudes cívicas, adquirindo un compromiso na loita a prol de sociedades educativas, nas que se consolide a solidariedade interxeracional comunitaria. | A14 A17 A22 A23 A34 |
B16 B18 |
|
Desenvolver estratexias favorables á construción dunha cidadanía comprometida e respectuosa cos dereitos humanos, traballando especialmente a prol da defensa do dereito á educación, a equidade, a xustiza social e a igualdade de oportunidades no marco da protección internacional dos dereitos da infancia. | A14 A34 |
B6 |
C4 |
Participar no deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos de innovación e intervencións pedagóxicas que promovan unha cidadanía activa e democrática nas comunidades educativas e poidan contribuír á resolución de problemas socioeducativos actuais, á luz dos referentes teóricos analizados. | A14 A16 A18 A22 A34 |
B4 B5 B7 B8 B9 |
C6 C7 C8 |
Afianzar unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, e de participación activa, comprometida, rigorosa e responsable, aprendendo a cooperar creativamente en procesos de indagación, construción colaborativa, innovación e mellora. | A34 A64 |
B1 B2 B3 B14 B17 |