Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A9 A23 A34 A64 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C3 C6 C8 | Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Primaria...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais... Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia. |
35 |
Traballos tutelados | A1 A7 A9 A16 A17 A18 A22 A34 A64 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B14 B15 B16 B18 B19 B22 B25 C1 C4 C7 | Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática e un estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso, etc. Poderase solicitar tamén, de ser o caso, a análise de novas de prensa. Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia. |
25 |
Presentación oral | A16 B5 B7 B8 B9 B14 B24 C1 | A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos. Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos... |
10 |
Proba de ensaio | A9 A22 A64 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B15 B16 C1 | Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia. |
30 |
Observacións avaliación | |||
1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas, como mínimo, durante a convocatoria anual. 2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula será considerada de forma positiva no proceso de avaliación. 3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e/ou o faga a tempo parcial, establécense os seguintes criterios de avaliación: As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento de Actividades de Avaliación colgado no Campus Virtual. 4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%. 5.- De incorrerse en plaxio nalgunha das probas ou actividades de avaliación, as implicacións serán as establecidas na normativa vixente, isto é "cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". 6.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |