Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G02004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O curso iniciarase coas instruccións e formas de levalo a cabo. Para o cal, tanto o modelo como as pautas da docencia repetiranse ata que quede clara e operativa a mecánica da impartición da materia. |
Sesión maxistral | Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender os bloques e temas da materia de Socioloxía da Educación, así como para levar a cabo os traballos tutelados. |
Traballos tutelados | O contido da materia abórdase mediante traballos de búsqueda de información por parte do alumnado, que terá temporalidade semanal en base ao contido explicitado ou que toque abordar na mesma. Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, mediante a plataforma Moodle. |
Análise de fontes documentais | Os traballos tutelados implican a procura, lectura e análise de fontes documentais para a elaboración dos mesmos. |
Lecturas | Procurarase facer fincapé nas lecturas por parte do alumnado sobre obras significativas e relevantes para a comprensión da materia impartida. |
Portafolios do alumno | Axenda das tarefas, proxectos e traballos a levar a cabo, así como das fontes de información, lecturas, contactos e demáis cuestións necesarias para o curso |
Solución de problemas | Durante o curso estará permanentemente aberta e dispoñible a plataforma para a resolución de calquer problema que poida xurdir. |