Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A8 A9 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.
30
Presentación oral B1 B3 B8 B9 B11 B12 B15 B16 B17 B22 B23 B24 C6 C1 Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada.
Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
Expoñeranse nas data que se indiquen.
É condición indispensable a exposición para presentarse á proba de ensaio.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A8 A9 A10 B1 B3 B9 B10 B15 B17 B22 B23 B24 C1 C4 C7 C8 Traballo de investigación proposto polos docentes en relación coas temáticas da materia. As orientacións exporanse nas primeiras sesións de clase para guiar ao alumnado no proceso de realización. Para elo plantearánse lecturas obrigatorias e recomendadas así como tamén a búsqueda de outras fontes por parte do alumnado.
Avaliarase:
- Participación activa e traballo colaborativo ademáis de asistencia obrigatoria ás sesións destinadas a el.
- Elaboración dun caderno grupal sobre as actividades a desenvolver, incluindo unha reflexión final con ideas personais en relación á experiencia persoal dos participantes e o seu proceso de aprendizaxe así como propostas de mellora.
- Profundidade de contidos
- Emprego de linguaxe apropiada
- Emprego de fontes documentais adecuadas
50
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción 1:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asitencia mínima 80%), é obrigatorio estar integrado nun grupo de traballo que se conformará nas primeiras sesións de clase e correspóndelle a seguiente porcentaxe de avaliación: 10% Análisis de Fontes Documentais; 30% Traballos tutelados; 10% Presentación Oral; 50% Proxecto de Investigación. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo.

Quen non teñá unha asistencia mínima do 80% pasará a ser considerado/a na opción 2.

O alumnado que suspenda o Proxecto de Investigación na 1ª oportunidade será avaliado/a no resto das metodoloxías pero non calificado/a ao final de cuadrimestre (1ª oportunidade) e aparecerá na Acta coa calificación obtida no Proxecto. Na 2ª oportunidade, este será sustituido por unha Proba de Ensaio sobre cuestións relacionadas cos contidos desenvolvidos durante o cuadrimestre. Nesta Proba o alumnado poderá dispor do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais e será preciso obtener unha puntuación igual ou superior a 2.25 sobre 5 para poder sumar as puntuaciones obtidas en cada un dos restantes elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo obtidas na 1ª oportunidade (gárdanse as partes superadas da materia de unha oportunidade a outra, dentro do mesmo curso académico). De non acadar esa puntuación, a cualificación final corresponderase coa puntuación acadada na Proba de Ensaio.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na
materia na convocatoria en que se cometa: o/o alumno/para será
cualificado/a como "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente
convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da infracción
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso,
modificarase a súa cualificación no informe da primeira oportunidade, en
caso de ser necesario.

Opción 2: Para o alumnado que non asiste/participa das actividades da
aula (asistencia inferior ao 80%): alumnado de continuación de estudos,
con dedicación a tempo parcial e dispensa académica. Este alumnado
realizará unha Proba de Ensaio con carácter obrigatorio ao
final do cuadrimestre (1ª oportunidade) na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademais dos traballos que en cada caso
particular se especifíquen (50% restante). A cualificación final será a
suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de
avaliación segundo o seu peso respectivo. Na realización da Proba de
Ensaio, o alumnado poderá dispoñer do material dado pola docente ou de
elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negativa na 1ª oportunidade, a 2ª oportunidade (xullo) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria anterior e só se repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/gl/normativa/academica/)

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na
materia na convocatoria en que se cometa: o/o alumno/para será
cualificado/a como "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente
convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da infracción
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso,
modificarase a súa cualificación no informe da primeira oportunidade, en
caso de ser necesario.

2. OBSERVACIÓNS ADICIONAiS:

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e
prácticas propostas ademais de realizar a proba de ensaio. De faltar
algunha actividade ou práctica o alumno ou alumna figurará na Acta da 1ª e 2ª oportunidade como Non Presentado/a.

- O sistema de avaliación poderá flexibilizarse segundo estime pertinente a
docente que imparte a materia e as circunstancias que se dean.

 - A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así
como o interese mostrado, a actitude ante a materia e das actividades, e
a participación e colaboración serán aspectos positivos á hora da
avaliación.

 - Calquer circunstancia persoal que poida alterar o
seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de
inmediato, xustificada e acreditada para poder ter dereito a una avaliación axustada as súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Neste caso, a docente tomará as medidas a que houbera lugar en cada caso para buscar a mellor opción, en beneficio do alumno ou alumna e o seu dereito a unha aprendizaxe en igualdade e equidade. De non facelo así, o alumnado será considerado na opción 1 e a súa avaliación estará sometida ao xa descrito.

 - Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter
científico e/o divulgativo relacionadas coa materia que a docente
considera oportuna a súa asistencia aínda que estean programadas fóra do
horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeneral. Nese caso, o
alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas
actividades poderán computar na avaliación e será especificado nese momento.

- O alumnado de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade deberá informar debidamente do seu caso á docente coa debida acreditación para poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia e garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación. En casos como os mencionados, a docente adoptará as medidas que considere oportunas nas probas de avaliación para non prexudicar a súa cualificación final.
 - O alumnado de Continuación de estudos (repetidor), obrigatoriamente terá que poñerse en contacto coa profesora antes do 20 de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de forma individual/grupal. De non facelo, terá a mesma consideración que os/as matriculados/as na Opción 1. En calquera caso e unha vez comunicada a súa situación, establécese unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos/as ao final do cuadrimestre (1ª oportunidade), na data sinalada oficialmente, e que supoñerá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá aos traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado e para os cales se fixará unha data de entrega. No caso de non entregar nada na data fixada, non haberá opción a realizar a proba de ensaio. Na realización desta proba, o alumnado poderá dispoñer do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na
materia na convocatoria en que se cometa: o/o alumno/para será
cualificado/a como "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente
convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da infracción
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso,
modificarase a súa cualificación no informe da primeira oportunidade, en
caso de ser necesario.

- Todas as condicións descritas serán válidas para a 2ª oportunidade.

Grupo B (Narciso de Gabriel Fernández)

O profesor Narciso de Gabriel concretará esta Guía Docente para o Grupo B. Antes do inicio das clases, enviará esa concreción a todo o alumnado.