Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos | Código | 652G02007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 A5 A6 A7 A11 | A avaliación teórica consistirá nunha proba mixta na que pode haber preguntas de ensaio, pregunta curso ou tipo opción múltiple. | 40 |
Portafolios do alumno | A1 A4 A5 A6 A7 A11 B1 B2 B5 B11 B21 B22 B23 B24 B25 C4 C6 C7 | Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación. Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo. |
60 |
Observacións avaliación | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (60%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (40%). O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás prácticas é obrigatoria, de non cumprir con este requisito a materia considerase como non superada na 1ª oportunidade, tendo que facelas de forma individual para a 2ª oportunidade. Para superar a asignatura é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta). OPCIÓN B Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%. Únicamente poderase acoller a esta modalidade o alumnado matriculado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. O alumnado que se acolla a esta modalidade deberá acordar co profesorado responsable as condicións para a súa avaliación na asignatura. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. A convocatoria de 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade. 2. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |