Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Educación matemática I | Código | 652G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A33 A34 A35 A38 A39 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 | Resolución das distintas actividades grupais, cuestións e problemas propostos nas prácticas de laboratorio, entregadas en tempo e forma. Terase en conta a capacidade de análise, o rigor na argumentación, a precisión, e a claridade de exposición. | 20 |
Proba mixta | A33 A34 A35 A39 A42 B2 B3 B4 B8 B9 C1 | Proba escrita presencial. Valolarase as respostas concretas e precisas, o grao de corrección segundo o requerido en cada pregunta, e a claridade na exposición. Engloba contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. |
40 |
Traballos tutelados | A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C8 | Valorarase o grado de consecución dos obxectivos cumprindo as directrices docentes, o rigor, a argumentación, a profundidade da análise das situacións propostas, e a claridade da exposición. Realizaranse en grupo e expoñerase na aula nas últimas semanas do curso. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Opción A. Alumnado que asiste e participa no 80% das sesións interactivas: A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados: Prácticas de laboratorio: 20% Proba mixta: 40% Traballo tutelado: 40% Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso derecursos TIC con exposición oral. Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que ogrupo debe expor oralmente os progresos ata ese momento e as liñas decontinuidade, ademais dun guión escrito. A ponderación na planificación desta materia e na súa avaliación será a mesma ca do traballo tutelado (40%). Non se garante que todos os estudantes que o desexen poidan escoller facero traballo de ApS, porque a oferta de prazas está condicionada pola capacidade deacollida e as necesidades das entidades externas á UDC. Cada actividade e cada apartado será cualificado nunha escala de 0 a 10. As prácticas de laboratorio avaliadas ás que non se asista serán cualificadas con 0 no cómputo da media deste apartado. Para superar a materia cómpre acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados anteriores. Nese caso, a cualificación total final será a media ponderada destes tres apartados segundo as porcentaxes antes indicadas. En caso de non superar algún dos apartados, a cualificación final será a de suspenso, correspondente ao apartado non superado. Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario. Opción B. Alumnado que non asiste ou non participa no 80% das sesións interactivas: Neste caso a avaliación non será como no caso anterior, senón que a proba mixta constituirá o 100% da cualificación final. Non obstante, este alumnado pode optar, se o prefire, por se integrar nalgún grupo de traballo, formado indiferentemente por alumnado asistente ou non asistente, e realizar o traballo tutelado. Neste caso, a cualificación do traballo tutelado (ou ApS) constituiría o 20% da nota final e a proba mixta final o 80%, sempre e cando ambas partes teñan unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. En caso contrario, a nota final será a correspondente á parte suspensa. Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario. Con carácter xeral para todo o alumnado: Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique. As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |