Traballos tutelados |
Realización dun traballo academicamente dirixido cuxa temática, de acordo co programa da cadeira, se anunciará durante a primeira semana de aulas ao grupo asistente a elas |
Proba obxectiva |
O alumnado contará cun exame final que se realizará tendo en conta o calendario ao que obriga a facultade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, nun exame final sobre diversos aspectos teórico-prácticos pertencentes ao material tratado e ás actividades realizadas. En caso de non poder realizar esta proba, solicitarase un traballo academicamente dirixido, individual ou grupal, segundo se anunciará convenientemente |