Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) B17 B19 B22 B23 B24 B25 C3 C6 Realización dun proxecto que comprende actividades de carácter práctico a través das que se expoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
30
Presentación oral A18 A23 Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

30
Proba mixta A6 A7 A8 A9 A11 -------------------------------------------------
Terá carácter individual. Pode estar constituida por diversos tipos de preguntas. Especificarase o peso de cada pregunta, de ser varias.

40
 
Observacións avaliación

Será preciso superar cada un dos elementos de avaliación para aprobar a materia. No caso do alumnado que suspenda unha das partes, non se fai media. A  cualificación será a da parte suspensa. No caso de non participar na presentación oral por causa motivada contemplada na normativa, acordarase co grupo unha nova data de avaliación. No caso de non participar na presentación oral sen causa xustificada contemplada na normativa, non se poderá optar á calificación nese elemento de avaliación. 

As porcentaxes especificadas aplícanse ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario das sesións interactivas. 

As condicións de avaliación son idénticas na primeira e segunda oportunidade.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ou o que compaxina estudos e traballo, sempre que poida probar debidamente esta circunstancia, ou o alumnado con calquera outra circunstancia excepcional,  deberá acudir a titorías co fin de determinar os traballos sustitutorios  da actividade interactiva presencial. Presentará o proxecto de investigación, a presentación oral e a proba mixta.

O alumnado non asistente que non está nas condicións anteriores, ou non as acredita debidamente, realizará a avaliación determinada no caso anterior. 

Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

 Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

 Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Seguirase a normativa universitaria no que  respecta á  perspectiva de xénero no  desenvolvemento da materia. Recoméndase utilizar linguaxe non sexista nos traballos académicos e citación xusta nas referencias bibliográficas dos mesmos.