Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I | Código | 652G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 | Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requeridas, tanto de forma grupal como individual. | 10 |
Traballos tutelados | A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 | Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus/súas compañeiros/as. | 40 |
Proba mixta | A25 A26 A27 A30 B8 B21 | Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade (maio/xuño) Alumnado que acude ao 80%das sesións interactivas:A cualificación final será consecuencia dosresultados obtidos nos seguintes apartados:
Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só refírese ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluídas as probas de avaliación continua que serealicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarándocumentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesiónsinteractivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos tutelado. Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesións interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa. Se o alumnado aproba as sesións interactivas e/ou os traballos tutelados e/ou proba escrita, estas cualificacións gardaranse para a segunda oportunidade. Alumnado que NON acude ao 80% das sesións interactivas: Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase. A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Segunda oportunidade (xullo)A avaliación farase do mesmo xeito que na oportunidadede maio/xuño, téndose que recuperar unicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesións interactivas- sempre que as teña suspensas, pero alcanzase o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual). Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final será en base á media ponderadadas cualificacións obtidas nas tarefas, traballos tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada. Se o alumnado aproba as sesións interactivas e/ou os traballos tutelados, estas cualificacións gardaranse durante un curso académico. A cualificación da proba escrita non se garda para o seguinte curso académido. Oportunidade adiantadaRexerase polo modelo de avaliación que o alumnado tivera no curso anterior (alumnado que acudiu ao 80% das sesións interactivas ou alumnado que non acudiu ao 80% das sesións interactivas . Se no curso anterior o alumnado ten realizadas e aprobadas as tarefas das sesións interactivas e/ou traballos tutelados, nesta convocatoria só terá que realizar a proba escrita. NOTAS XERAIS:
|