Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II | Código | 652G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias da Natureza na Educación Primaria | 1. Reflexións sobre o ensino das ciencias na Educación Primaria. A natureza da Ciencia como referente do proceso nos niveis educativos básicos. Enfoque desde a perspectiva de xénero. 2. Que ensinar. As Ciencias da natureza no currículo oficial de educación primaria. A competencia científica. 3. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do docente no desenvolvemento de obxetivos e contidos científicos. Os traballos de indagación. 4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A avaliación por competencias. Avaliar traballos de indagación. |
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico | 1. Interese educativo do estudo do medio físico na Educación Primaria 2. Análise conceptual do medio físico. O planeta Terra como sistema. Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na Educación Primaria. 3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto a estes temas. 4. Recomendacións metodolóxicas. O tratamento do planeta dende unha perspectiva global. Actividades e recursos para estudar as compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos. |
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. | 1. A importancia do ensino sobre os seres vivos en Educación Primaria 2. Análise científica dos modelos biolóxicos básicos: o modelo celular, o modelo de ser vivo, o modelo de ecosistema e o modelo de evolución. Determinación do contido escolar. 3. A problemática da aprendizaxe. As ideas do alumnado sobre o modelo de ser vivo e de ecosistema. A dificultade de comprender as funcións vitais e as interrelacións. A dificultade de percibir a integración dos organismos nun medio en continuo cambio. 4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións e a súa relación co medio. |
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na Educación Primaria e a súa relación co medio ambiente | 1. Interese educativo do estudo do ser humano. 2. Análise científica. O ser humano dende unha perspectiva sistémica. Determinación do contido escolar para Educación Primaria. 3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influenza na selección e secuenciación de contidos. 4. Recomendacións metodolóxicas. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente para a formación dunha cidadanía crítica. |