Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II | Código | 652G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A25 A26 A27 A28 A30 | Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. | 40 |
Prácticas de laboratorio | A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 | Valorarase a asistencia, participación no desenvolvemento da tarefa e a presentación de resultados, tanto en exposición oral como por escrito. A avaliación deste apartado poderá realizarse por medio de diferentes metodoloxías, entre elas, a avaliación entre iguais baixo supervisión do/s docente/s. |
20 |
Traballos tutelados | A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 | Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxecto de estudo e, principalmente, a competencia para diseñar materiais didácticos. Ademais, de selo caso, valorarase a exposición oral dos traballos. | 40 |
Observacións avaliación | |||
NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN Primeira oportunidade (Xuño):A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidos nas seguintes avaliacións parciais: 1. Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio (20%):a asistencia e participación nestas actividades é obrigatoria. Se globalmente a asistencia/participación é inferior ao 80%, a cualificación neste apartado será 0. Estas actividades incluirán entregas obrigatorias que deberán realizarse nas datas fixadas ao longo do curso, a través da plataforma Campus Virtual. 2. Traballos tutelados (40%). Será avaliado un traballo individual que debe presentarse nas datas fixadas ao longo do curso, a través da plataforma Campus Virtual. 3. Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe (40%). Realizarase de forma presencial. Faranse dúas probas: a primeira abarcará a materia impartida no primeiro cuadrimestre e a segunda coincidirá coa data de exame fixada no calendario oficial de exames da facultade. - Para o alumnado que supere a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior) a cualificación correspondente ao apartado “Proba escrita” será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5. - O alumnado que no primeiro parcial teña cualificación inferior a 5 deberá realizar unha proba final na devandita data oficial, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. - O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados deberá realizar unha segunda entrega na data sinalada polos docentes. Para obter a cualificación de aprobado na materia nesta oportunidade de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 ou superior en cada apartado (sesións interactivas/prácticas; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición, a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados pero si se presentaran a todas as actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita;traballos tutelados) que se establezan para o curso académico. Segunda oportunidade (Xullo):O alumnado deberá realizar proba/s escrita/s de forma presencial. - O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/prácticas e que ten aprobados os traballos tutelados e as actividades prácticas, pero non superou a proba escrita individual, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. - O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados deberá realizar unha nova entrega na data sinalada polos docentes. - O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, na data oficial de xullo, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de xullo nos apartados de sesións interactivas/actividades prácticas. - O alumnado que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo, así como unha nova entrega do traballo tutelado e das actividades prácticas. Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual, os traballos tutelados e as actividades interactivas-prácticas), cumprida esa condición, a nota final será a media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados pero si se presentaran ás actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita;traballos tutelados) que se establezan para o curso académico. NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA: Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao e Mestrado" ( na UDC: 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas. 3. O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente. Alumnado con dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente naprimeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superiora 7 días desde quelle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, considerarase que non completa ás distintas actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita;t raballos tutelados) e será cualificado como “Non Presentado”. 3. No caso de concorrer ás distintas actividades a avaliar a cualificación final na primeira convocatoria(maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas nos seguintes apartados: - Sesións interactivas/actividades prácticas (30%). O alumnado debe realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións interactivas das que consta a materia, tendo que cumprir obrigatoriamente un calendario de entregas que o docente lle entregará en dúas quendas correspondentes cos dous cuadrimestres (durante o primeiro mes de clases en cada caso), unha vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios e a súa avaliación positiva. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de prazo ou avaliados negativamente. - Traballos tutelados (30%). O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que entregalas subíndoas ao Campus Virtual, segundo o calendario establecido ao longo do curso. A cualificación deste apartado será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é requisito imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva. - Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe (40%).Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade de forma presencial ou, se as medidas de seguridade así o esixen, a través de Moodle e/ou medios telemáticos. Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva, e obter polo menos 5 sobre 10, tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. No caso de que o alumno entregara cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa. A cualificación total no caso de superar cada un dos apartados da materia, farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. A cualificación dos estudantes que concorreran as actividades a avaliar, pero non teñan superada a materia, será a media ponderada dos apartados suspensos. O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, nas datas oficiais, unha segunda entrega dos mesmos. A nota desta segunda entrega será a súa cualificación dos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese a todas as actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita; traballos tutelados) que se establezan para o curso académico. A avaliación para a "segunda oportunidade (xullo)" rexirase polas"normas xerais de avaliación" desta guía docente. Todos os aspectos relativos á dispensa académica, dedicación ao estudo e permanencia, así como fraude académica, non explicitamente tratados neste apartado rexeranse pola normativa académica vixente da UDC. NOTA 1:
|