Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica das ciencias sociais II | Código | 652G02022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa. |
Actividades iniciais | Antes de iniciar os temas do programa se desenvolverán actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia. |
Discusión dirixida | Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo. |
Análise de fontes documentais | Proporcionarase unha listaxe de lecturas complementarias ás explicacións teóricas dos contidos científicos e didácticos, uns con carácter obrigatorio e outros voluntario. |
Presentación oral | Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres/as. |
Saídas de campo | Realizaranse saídas para o coñecemento do medio cultural e social en relación cos temas traballados na aula. De maneira opcional, o profesorado poderá realizar un Proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) no que á vez que se desenvolven aprendizaxes relacionados cos contidos da materia, ofrécese un servizo á comunidade, que dé resposta a algunha necesidade social identificada |
Proba mixta | Realizaránse probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Teránse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo. |