Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 | A avaliación do Traballo tutelado responde ás seguintes partes: 1. Parte escrita basada nos elementos curriculares (25%). 2. Parte audiovisual de compoñente corporal, coreográfico ou escénico grabado en vídeo polos compoñentes de cada grupo (75%). No proceso de avaliación contemplaranse as seguintes normas: • No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de 6 integrantes. • O traballo escrito terá unha extensión entre 8 y 10 follas (sen contar portada, índice e anexos). • O vídeo terá unha duración entre 2 y 3 minutos. • Ambas partes serán entregadas a través da plataforma informática que se indique. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Orixinalidade. • Creatividade. • Utilidade práctica e viabilidade. • Adecuación ao currículo de Educación Primaria. • Coherencia cos obxetivos e os contidos expostos (triangulación). |
35 |
Sesión maxistral | A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C5 C7 | Realizaranse unha ou vaias probas escritas, a través de Moodle, que podería conter: 1. Preguntas de resposta breve. 2. Preguntas tipo test. 3. Preguntas abertas. 4. Exercicios prácticos. |
35 |
Proba mixta | A56 B1 B21 B22 B25 | Realizaranse as seguintes probas prácticas: 1. Recoñecemento auditivo (30 %). Valorarase a discriminación auditiva dos eventos rítmico-melódicos. 2. Expresión vocal (35 %). Valorarase a exactitude rítmica, a entoación e o fraseo nas cancións propostas. 3. Expresión instrumental (35 %). Valorarase a exactitude rítmica, a destreza instrumental e o fraseo nas pezas propostas. Aqueles estudantes cunha asistencia do 80% ou máis, poderán obter unha cualificación máxima de 6 sobre 10 sen necesidade de realizar as tres probas correspondentes á "proba mixta". |
20 |
Prácticas a través de TIC | A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 | Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades: 1. Manexo de editores de partituras. 2. Manexo de editores de audio. 3. Deseño de exercicios de percusión corporal. 4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical 5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais. |
10 |
Observacións avaliación | |||
De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%: 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou 1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha 2. Debido as súas características, os 3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta), Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Combatirase a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas acordes para corrixilas. Usarase unha linguaxe non sexista tanto nas sesións presenciais e tutorías, coma na realización dos traballos tutelados. Con respecto á asignación de Matrícula de Honra, en caso de empate de notas medias, outorgarase dita cualificación ao estudantado con maior cualificación nas probas de carácter individual. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/) |