Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Educación matemática III | Código | 652G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia. |
20 |
Proba mixta | A38 A39 A40 B2 B3 B4 B8 B9 B23 C1 | Valorarase a argumentación, o razoamento e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. |
40 |
Traballos tutelados | A39 A41 A42 B5 B11 B12 B19 C3 C7 C8 | Valorarase o grado de consecución do cumprimento das directrices docentes. Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento." |
20 |
Prácticas a través de TIC | A38 A39 A42 B1 B2 B4 B5 B11 B12 B24 C8 | Valorarase o grado de consecución cumprindio as directrices docentes, e verificando o coñecemento e manexo das ferramentas por parte do alumnado. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación continua da materia será: - Tarefas realizadas a través dasmetodoloxías de prácticas de laboratorio e probas mixtas de forma individual (realizaraseunha media aritmética da serie de actividades realizadas na aula) queponderarán na cualificación final cun 60%. - Traballo en equipo realizado através do traballo tutelado e prácticas a través de TIC que ponderará nacualificación final cun 40%. O exame final da materia só é obrigatorio paraaqueles/as estudantes que non efectúen esta avaliación continua , e de ser o caso a súa avaliación consistirá en: o Unha proba obxectiva individual e presencial cunhaponderación do 60% nas datas oficiais e publicadas na web da facultade. o Un traballo individual cunha ponderación do 40%.Este traballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docentea cada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio comunicar ao docenteque o estudante se acolle á avaliación non continua, e o docente asignaralle otraballo tutelado e as indicacións correspondentes. Non se admitirá apresentación dun traballo individual sen este requisito . Na 2º Oportunidade acualificación da materia será : - Unha proba obxectiva individualcunha ponderación do 60%. - Un traballo individual cunhaponderación do 40%. Estetraballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docente acada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio pedirlle ao/á docente asindicacións correspondentes. Non se admitirá a presentación dun traballoindividual sen este requisito . No caso de que un/unha estudante na modalidadecontinua e na 1ª oportunidade suspenda algunha parte debe saber: o Se suspende a parte do traballo de aula, deberealizar o exame de forma presencial e individual, cun peso na súacualificación final do 60%. o Se suspende a parte do traballo en equipo, deberealizar outro traballo de forma individual, coas directrices que deberádemandar ao/á docente cun peso na súa cualificación final do 40%. A cualificación da materia na oportunidade adiantada rexirase polosaspectos considerados no curso precedente. Para superar a materia en calquera modalidade e en calqueraoportunidade, deberanse ter superadas cunha cualificación mínima de 5,0 as dúaspartes que forman a avaliación, resultando como cualificación final a mediaponderada das dúas cualificacións. Do contrario a cualificación final será acualificación da parte suspensa ou a media ponderada das dúas partes se estánámbalas dúas suspensas. En calquera modalidade, se o/a estudante aproba calquera parte avaliada damateria na 1ª oportunidade, esa cualificación será válida para a 2ªoportunidade. Se o estudante non realiza algún traballo solicitado, en calquera modalidadee en calquera oportunidade, en tempo e forma, a cualificación desa tarefa seráun 0. Todas as directrices dos traballos solicitados estarán no Campus Virtual damateria. Entenderase que un/ha estudante se acolle á modalidade de avaliacióncontinua se fai a entrega dalgunha fase do traballo en equipo ou realizaalgunha proba de avaliación continua, e esta será a avaliación correspondente á1ª oportunidade. Se unha ou as dúas partes desta avaliación está suspensa,poderá superar a materia na 2ª oportunidade. As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán apuntuación final. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unhavez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso naconvocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario. Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario do Campus Virtualunha foto que o identifique. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |