En ningún caso se permitirá o plaxio. De ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado á profesora, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 ao 10). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas ou discriminatorias, e influirase na contorna para modificalas e fomentar o respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |