Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación deportiva | Código | 652G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
BLOQUE TEMÁTICO 1:Marco conceptual do deporte e a iniciación deportiva. | Este bloque está composto de 3 temas que conceptualizan a materia, abórdanse principalmente aspectos relacionados co deporte e a súa iniciación nas idades de Educación Primaria así como as estruturas organizativas do deporte e os modelos do deporte escolar. |
Tema 1. O deporte e a iniciación deportiva | - Concepto de deporte e terminoloxía básica. - Modelos de deporte na sociedade actual. - Clasificacións do deporte. |
Tema 2. As estructuras organizativas do deporte | - O Consello Superior de Deportes. - As Federacións deportivas. - As Comunidades Autónomas. - Os clubs e as asociacións. - Os concellos e deputacións. |
Tema 3. Análise dos modelos de deporte escolar | - Aproximación aos diferentes modelos na xestión do deporte escolar. - Programas lúdicos, educativos e competitivos. |
BLOQUE TEMÁTICO 2: A ensinanza do deporte en categorías inferiores. | Neste bloque temático abórdase como se estrutura o deporte e cales son os aspectos metodolóxicos máis importantes nos procesos de ensino-aprendizaxe dos mesmos. |
Tema 4. O deportista, o educador deportivo e o deporte. | - Características físicas, sociais, psíquicas e afectivas dos nenos/ as. - Rol do educador deportivo. - Fases do ciclo vital do deportista. |
Tema 5. Principios da educación motriz | - Pautas a seguir no ensino do deporte en nenos/ as. - Confección de tarefas válidas para o desenvolvemento integral do neno/a. - Metodoloxía e didáctica do deporte escolar. |
BLOQUE TEMÁTICO 3: A iniciación deportiva no contexto socioeducativo actual. | Este é un bloque temático onde se expón o deporte en idade escolar fronte ás problemáticas que o rodean. Faise unha análise particular desde a óptica e reflexión do graduado en Educación Primaria, especialmente con mención en Educación Física. |
Tema 6. Actualidade do deporte escolar. Problemática e medidas propostas. | - Análise dos axentes que afectan directa ou indirectamente á práctica deportiva escolar. - A educación en valores a través da iniciación deportiva. - Hábitos hixiénico-saudables e prevención de lesións deportivas. |
Tema 7. A competición deportiva en nenos e nenas e xóvenes deportistas. | - Estudo e análise da competición deportiva en nenos/ as. |
BLOQUE TEMÁTICO 4: As escolas deportivas: posta en práctica dun modelo de ensinanza do deporte escolar. | Este bloque está composto dun tema de carácter teórico-práctico no que se propón ao alumnado a elaboración dun proxecto de escola deportiva para nenos/as de 7 a 12 anos. |
Tema 8. As escolas deportivas e as actividades extraescolares. | - Desenvolvemento e práctica de sesións de iniciación deportiva a distintos deportes. - Elaboración dun proxecto dunha escola deportiva. - Recensión histórica, aspectos regulamentarios, ensino do deporte (técnica, táctica) e avaliación. - Atención á diversidade. |