| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Relixión, cultura e valores | Código | 652G02043 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Sesión maxistral | Sesións expositivas: exposición oral do profesor, complementada con diapositivas, esquemas escritos e montaxes audiovisuais. Estas explicacións teóricas desenvolven os contidos conceptuais que conforman a estrutura de cada tema. |
| Aprendizaxe colaborativa | Sesións interactivas: os alumnos, distribuídos en grupos cercanos a 10 integrantes, traballan colaborativamente sobre a resolución de exercicios prácticos, presentados polo profesor. Estes exercicios prácticos desenvolven os contidos procedimentais que complementan os contidos conceptuais das sesións maxistrais. Esta é a primeira forma de avaliación. |
| Traballos tutelados | Os alumnos, que desexen avaliarse por este medio, poderán optar por unha das seguintes modalidades de traballo: recensionar unha monografía, estudar unha característica dunha relixión, desenvolver unha proposta didáctica. |
| Proba obxectiva | Os alumnos, que non teñan participado nos exercicios de aprendizaxe colaborativa nin realicen o traballo tutelado, deberán presentarse a esta proba final de avaliación. Consistirá en 20 preguntas de resposta breve, que recollen tódolos bloques de contidos da materia. |