- É recomendable subir unha
fotografía ao perfil de Moodle/Teams, para facilitar a identificación do
alumnado no traballo virtual.
- Para a realización dos
traballos e actividades de avaliación seguiranse en cada caso as
indicacións dadas na aula, que tamén se publicarán en Moodle.
- Os traballos presentaranse en
formato dixital e sempre debidamente identificados (nome do alumno, curso,
grupo, equipo, materia e nome do profesor). Hai que facer un uso sostible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Así mesmo, debe terse en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional.
- En consonancia coa
integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase na
identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e
incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e
igualdade. Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de
xénero ou doutra índole e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimente dificultades para ter un acceso adecuado,
igualitario e beneficioso á vida universitaria. Agradécese que se
comunique calquera necesidade e proposta de adaptación.
- O horario de titorías está
exposto na páxina web da Facultade e no taboleiro da porta da oficina.
|