Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba de ensaio
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade de reforzar a aprendizaxe na elaboración de informes e memorias reflexivas, así como de comentarios de texto.

No caso da proba de ensaio (comentario de texto), dedicarase unha sesión interactiva a traballar a elaboración de comentarios de texto, e ofreceranse en cada tema exemplos de textos sobre os que facer o ensaio, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de entregar algún para a súa revisión e ter titorías individualizadas para reforzar esta aprendizaxe.

Na organización das accións divulgativas, priorízase o acompañamento a través de titorías.

Motívase á asistencia a titorias para o seguimento da memoria reflexiva que se plasma no portafolio. Destinaranse tamén tempos na sesión de clase para o acompañamento aos grupos.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada. No caso de precisar adaptacións, recoméndase solicitalas a través da Unidade de atención á Diversidade da UDC (ADI).

O alumnado non asistente deberá comunicar a súa situación a inicio de curso. En base a iso, planificarase unha proposta de aprendizaxe e un calendario de titorías e seguimento da materia, seguindo as indicacións indicadas no apartado de ‘observacións de avaliación’. Son obrigatorias titorías de acompañamento.