Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 Traballo reflexivo da materia, en pequeno grupo, e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portafolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do portafolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
- Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenvoltas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática.
50
Proba de ensaio A1 A3 A5 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte.
40
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A5 A14 A16 C1 C6 Organizadas en pequeno grupo, as/os estudantes deberán promover accións de divulgación dos contidos traballados. Todo o alumnado participará da organización dos parladoiros con profesionais, elaborando en base a lecturas as preguntas que orientan o diálogo. Valorarase a calidade das preguntas en relación á capacidade para explorar os contidos centrais das lecturas traballadas e o interese en torno ao ámbito de profesionalización ao que se dirixe. Valorarase positivamente o traballo de organización e de dinamización das persoas que se impliquen nesta labor.
Así mesmo, elaboraranse pequenas producións radiofónicas dirixidas a divulgar a reflexividade sobre aspectos traballados na materia: retos do tempo actual, identidade profesional, ámbitos... Valorarase tanto o contido (que pode estar baseado en entrevistas, revisión bibliográfica, etc.) como a capacidade comunicativa das producións realizadas.
10
 
Observacións avaliación
1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter desenvolto todas as metodoloxías de aprendizaxe. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe. 

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superado o portafolio e proba de ensaio. En caso contrario, a cualificación será a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. 

Criterios deavaliación: 
  • Portafolios do alumno, seguindo as indicacións ofrecidas no Campus Virtual para o alumnado non presencial. Os criterios de valoración do traballo son os mesmos que para o alumnado non asistente, sendo que a orientación do portafolio é máis teórica que vivencial, ao non participar nas sesións de clase. (40%).  
  • Proba de ensaio (60 %). 
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%.  

6.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC