Esta materia trata de formar ao alumnado na complexidade dos Servizos Sociais e o Benestar Social dentro do contexto das políticas sociais. Exponse como obxectivo fundamental a súa capacitación para o estudo das necesidades e demandas, e para a xénese e desenvolvemento de plans, programas e proxectos. Estúdanse o diferentes tipo de Estados do Benestar, as características dos Servizos Sociais dentro das políticas públicas, o marco sociocultural destes servizos sociais, e as demandas de servizos públicos de atención social.
As clases desenvolveranse en idioma castelán, aínda que o profesor se compromete a responder en galego ás persoas que prefiran comunicarse nese idioma. Tanto para as comunicacións mediante correo/Moodle, entrega de traballos ou comunicacións na aula o alumnado pode utilizar o galego ou o castelán segundo prefira. Trátase tamén de desenvolver a docencia baixo os parámetros dunha linguaxe inclusiva e incorporando a perspectiva de xénero.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías