Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Animación e xestión sociocultural | Código | 652G03017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral entendémola desde a implicación do alumnado, partindo a miúdo os temas das experiencias propias (acceso á cultura, hábitos de lecer, os equipamentos de proximidade que frecuenta, pertenza á entidades cívicas, conciencia sobre asuntos sociais, etc). |
Análise de fontes documentais | Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente ou simplemente como elemento motivador, mesmo provocador. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Así, faremos prácticas como: deseño dunhas xornadas, solicitude dunha subvención pública e outras. |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Aquí, o profesor, valorará en gran medida, mesmo para a cualificación final, a cantidade e calidade da participación do alumnado. A defensa de propostas elaboradas en equipo polo alumnado, o libro forum e outras actividades prácticas, deberán ser defendidas en lingua galega. |
Lecturas | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. Entrégase a principio de cuadrimestre un dossier ao alumnado para, dous medes despois, realizar un libro-forum na clase. |
Mesa redonda | Exercicios de habilidades expresivo-comunicativas |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. |