Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos de investigación | Código | 652G03019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. |
Análise de fontes documentais | Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta | Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes: a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas e do dossier correspondente. Todos os contidos da guía docente. b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia e do dossier correspondente. As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias. INFORMACIÓN IMPORTANTE: O/a estudantado presencial debe presentarse a proba mixta (se suspende a avaliación continua a proba mixta será como calquer estudante non presencial. Se supera a avaliacion continua debe presentarse para que a cualificación desa avaliación sexa real. PERO SE UN/UNHA ESTUDANTE SUSPENDE A PROBA MIXTA (AINDA QUE TEÑA SUPERADA A AVALIACION CONTINUA) SUSPENDERÁ A MATERIA. A avaliación continua dos/as estudantes presenciais so contará na convocatoria de xuño. A/o estudante non presencial a cualificación da proba mixta da convocatoria de xuño o xullo será a cualificación final da materia (non debe realizar a avaliación continua) |
Prácticas a través de TIC | Esta metodoloxía empregarase na Análise da información (tema 6 dos contidos). Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas. |
Solución de problemas | Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente (configurará deste xeito un dossier). |
Estudo de casos | Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente (configurará deste xeito un dossier) |
Sesión maxistral | Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. As clases expositivas serán PRESENCIAIS. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado no Campus Virtual o material en Power Point. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras. |