Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais, calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho da profesora (P1A16 ) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento, no campus virtual e na Facultade de Ciencias da Educación.
A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e a docente (PRESENCIAL). O estudantado debe comunicarse primeiramente coa profesora vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo para facilitar poder ser atendida. Lembrade que a profesora é a que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, a profesora non o atendenrán baixo ningunha curcunstancia.
|
|