Descrición xeral |
A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da Educación Social sexan quen de comprender a transversalidade da comunicación como base dos procesos educativos, interiorizando á súa vez, as distintas teorías comunicativas e a súa influencia nos contextos de aprendizaxe de carácter non formal e informal.
Deste xeito, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das teorías comunicativas, os usos da linguaxe e as representacións sociais de colectivos en situación de vulnerabilidade, os medios de comunicación e o social media e a súa influencia na construcción de imaxinarios colectivos e identidades, así como os procesos de colaboración, participación e xestión emocional no marco da acción profesional do Educador/a social. Ademáis, pretende desenvolver no alumnado capacidades que permitan a selección e utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen á dinamización de proxectos socioeducativos dende un punto de vista transversal.
Esta materia forma parte do programa "English Friendly", polo que terá como linguas vehiculares o galego/castelán, pero o alumnado internacional recibirá titorías en inglés, se así o desexa. Ademáis, os materiais orientados a este alumnado tamén poderán estar dispoñibles en inglés e eles/as poderán ser avaliados e realizar as presentacións de aula neste mesmo idioma. |