Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables | Código | 652G03022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Destinadas a (re)coñecernos como protagonistas dos procesos de ensino e de aprendizaxe que se inician, a presentar e discutir as regras do xogo recollidas na guía docente, a identificar intereses e /ou motivacións do alumnado respecto dos obxectivos que se queren acadar, e a verbalizar preconceptos e saberes previos das alumnas e alumnos relacionados coa materia, dos que partir para favorecer aprendizaxes relevantes. |
Análise de fontes documentais | Utilización de documentos relevantes textuais (artigos, libros, novas de prensa, poemas, textos lexislativos...) e audiovisuais (documentais, curtas, filmes , fotografías, viñetas...) que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa. Seguindo a Finkel (2008), trátase de deixar que falen os documentos, propoñendo actividades que permitan desentrañar o seu significado: mapas conceptuais, estudo de casos, recensións, diálogo reflexivo, seminarios, etc. O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar estará accesible no Moodle. |
Sesión maxistral | Destinada á exposición oral por parte da docente na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a decontrución e reconstrución crítica do coñecemento experiencial. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento. |
Discusión dirixida | Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso reflexo, dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. En base á análise previa de fontes documentais, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, a través das que: identificar dificultades na comprensión; promover a dúbida e o conflito, poñendo en tea de xuízo as crenzas e interpretacións iniciais; provocar o pensamento diverxente e recoller diferentes argumentacións; favorecer a conexión con experiencias vitais; etc. Todo coa finalidade de que o alumnado tome conciencia de interpretacións alternativas da realidade socioeducativa, se emancipe dos preconceptos e ideas erróneas, e reconstrúa criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. |
Presentación oral | Algunhas das actividades desenvolvidas serán expostas diante do grupo de referencia, procurando chegar a conclusións compartidas sobre o caso investigado, o documento ou experiencia analizada. Entre as actividades, a proposta de aprendizaxe-servizo que o alumnado terá que elaborar para o cartafol, será presentada e defendida no grupo expositivo. Unha das finalidades da presentación oral é favorecer a coavaliación e autoavaliación a través da contrastación de diferentes formas de resolver as mesmas actividades, permitindo identificar dificultades e potencialidades nos propios traballos, así como autorregular a propia aprendizaxe. |
Portafolios do alumno | Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase de forma grupal (entre 5-6 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: definicións fundamentadas, recensións de fontes documentais, revisión de novas de prensa, análise de experiencias e casos, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... Unha das prácticas consistirá na elaboración dunha proposta de aprendizaxe-servizo a desenvolver cun colectivo vulnerable. O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán na aula e no Campus Virtual. |
Proba de ensaio | Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Aprendizaxe servizo | Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva. En relación cos contidos abordados na materia e servíndose das estratexias metodolóxicas explicadas, o estudantado deseñará unha acción de APS para dar resposta a unha necesidade social identificada, realizará a acción e avaliará o proceso e resultados. Todo elo en colaboración con entidades sociales da Coruña que traballan con colectivos vulnerables. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Participación activa en xornadas organizadas no marco da materia ou por entidades externas que se consideren de interese para o alumnado. O obxectivo é afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia, a partir de experiencias de boas prácticas actuais referentes a un determinado ámbito de estudo, e que empreguen o galego como lingua vehicular. A medida que se abordan os contidos da materia, as e os estudantes deberán implicarse en tarefas de divulgación da súa reflexividade. Unha das actividades posibles é a elaboración de podcast divulgativos. |