Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables | Código | 652G03022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A14 B6 C1 C3 | A presentación e defensa da proposta de aprendizaxe-servizo integrada no cartafol, será avaliada polo docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos seguintes criterios: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e emprego dunha linguaxe inclusiva. A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo. |
5 |
Portafolios do alumno | A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 | Para cada unha das prácticas a incluír no cartafol compartiranse no Campus Virtual indicacións específicas da/o docente, así como os criterios concretos de avaliación. En xeral, valorarase: a capacidade reflexiva; o grao de afondamento; a fundamentación das reflexións en fontes bibliográficas; a precisión na resposta ao que se solicita; a capacidade para establecer sinerxías entre contidos da materia e a realidade social; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a calidade da organización e presentación da información. | 30 |
Proba de ensaio | A2 A3 A5 A8 A14 B6 C1 | Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. Valorarase a rigorosidade e precisión na resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), e capacidade crítica, así como a calidade da expresión escrita. |
30 |
Aprendizaxe servizo | A1 A5 A7 A8 A9 A20 B2 B3 B5 C1 C6 C7 | Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, no que respecta a: - Calidade da proposta: deseño, rexistro reflexivo do desenvolvemento (a modo de diario de campo), produto (de habelo) e avaliación. - Informe de autoavaliación final (individual): calidade e afondamento da reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas. |
35 |
Observacións avaliación | |||
1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Proba de ensaio (50%) e Portafolios (50%). As pautas e criterios de avaliación específicas destas dúas actividades figuran no documento colgado no Campus Virtual. Avaliarase o portafolios unicamente no caso de superar a proba de ensaio. En caso de non superala, a nota final corresponderase coa acadada nesta, valorada sobre 100%. 2.- O cómputo global da nota final require que todas as actividades de avaliación obteñan unha cualificación de aprobado (5). As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual. 3.- O alumnado asistente que non supere nin o portafolio (no que se inclúe a APS) nin a proba de ensaio na primeira oportunidade, realizará unha proba de ensaio na segunda oportunidade que computará o 100%. De ter unha das partes aprobadas só terá que presentarse coa parte suspensa. 4.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Campus Virtual. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización. 5.- Segundo o establecido no artigo 14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario, "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa. 6.- O alumnado que solicitara e teña recoñecida a dispensa académica -tal como se |